ISOSI

Xestión, control e monitorización do consumo enerxético.

ISOSI TELEXESTIÓN

XESTIÓN E CONTROL TOTAL.

Desde ISOSI ofrecemos a xestión integral do seu consumo eléctrico ou de outros combustibles co obxectivo de ter un control total que signifique a reducción de custes tanto na facturación como a través do mantemento preventivo e a eficaz localización de avarías podendo realizar os arranxos necesarios de forma rápida e económica.

Traballamos con sistemas de telemedida que recollen os datos a distancia dos consumos enerxéticos tendo o control e a xestión dos gastos a través de sistemas de telexestión e monitorización en remoto.

A fortaleza de implantar unha plataforma de carácter modular deseñada para a xestión integral dos datos enerxéticos é ter nun mesmo lugar toda a información dispoñible para que as decisións a tomar sexan máis sinxelas e, sobre todo, moito máis eficientes. 

Así funciona

A arquitectura básica do sistema consta dun controlador centralizado ISGW-10T que se encarga da comunicación cos nodos ISNODE-ZB das luminarias e envía os datos a un servidor na nube, para que os usuarios poidan visualizar os datos e realizar as accións de control e xestión necesarias mediante a plataforma software ISOSI Light Manager a través de calquera dispositivo con conexión a internet.

CONTROLADOR CENTRALIZADO
ISGW-10T

Controlador centralizado IOT que emprega as redes públicas e as redes privadas para proporcionar unha comunicación a longas distancias, fiable e segura.

CONTROLADOR LUMINARIAS ISNODE-ZB

Este controlador acóplase ás luminarias a través do conector NEMA e contén no seu interior un circuíto de medición en tempo real de corrente e de tensión, de consumo de electricidade e de carga de traballo.

ISOSI LIGHT MANAGER

Plataforma software que permite o monitoreo e control da infraestrutura de alumeado público para xestionar integralmente tódolos servizos relacionados co alumeado dende unha mesma plataforma. Baseado na nube, o software de control permite xestionar eficientemente calquera proxecto de alumeado público.

NOVO

CATÁLOGO ISOSI TELEXESTIÓN 2021

ISOSI

ISOSI Telexestión

2021

PRODUTOS DISPOÑIBLES

GAMA DE PRODUTOS ISOSI TELEXESTIÓN

Contacto

Polígono Industrial da Granxa. Avenida Principal, nave 8. 36475 - O Porriño (Pontevedra)

(+34) 986 31 74 91
(+34) 727 743 645

comercial@isosi.es

Un traballo de Spauria®

Web deseñada e programada por Spauria®.