E-Complex-K é unha estación que combina unha gran funcionalidade, grazas ao emprego de novos módulos de carga, co tamaño máis pequeno do mercado para este tipo de estacións.
Estación de carga rápida para vehículos, compatible con tódalas marcas. Permite a carga simultánea de 3 vehículos.
Trátase dunha estación Dual con posibilidade de carga en modo 3 (corrente alterna, 3-4 horas) e modo 4 (corrente contínua, 20-30 minutos), contando con 5 tipos de saída ampliables. O tempo de carga permite poder realizar unha carga completa en calquera ocasión.
O seu excelente diseño é ideal para instalar na vía pública ou en electrogasolineiras.
Garantía de fabricante por un período de 2 anos.
I-station é unha nova xeración de estacións de carga que combina as mellores solucións no eido da electrónica cos principios do deseño máis moderno e funcional.
Trátase dunha estación de carga semirápida para vehículos, compatible con tódalas marcas. Permite a carga simultánea de 2 vehículos máis 1 extra (opcional).
Trátase dunha estación de carga modo 3 (corrente alterna) para localizacións onde o tempo de carga non sexa un factor determinante -tempo total entre 3 e 4 horas- cun prezo extremadamente competitivo.
O seu excelente deseño é ideal para instalar na vía pública ou en electrogasolineiras.
Garantía de fabricante por un período de 2 anos.