Proxectores de deseño elegante e moderno, designados especialmente para alumeado en interior de túneles e fabricados en aluminio de alta calidade e durabilidade con acabado anti-corrosión.
Deseño coidado das zonas de ventilación natural para unha óptima transferencia e disipación do calor, evitando a acumulación de po e de auga e previndo danos persoais na manipulación.
Os módulos ópticos usan LEDs de Lumileds, un dos fabricante líderes do sector, que proporcionan un excelente rendemento lumínico, consistencia de cor e elevada vida útil. As ópticas están deseñadas para abranguer unha ampla variedade de situacións, dispondo de diferentes ángulos en función do seu uso proxectado.
A instalación lévase a cabo de maneira sinxela mediante un brazo de aleación de aluminio que permite a montaxe do proxector co ángulo requirido.
Túneles, canles interiores, corredores subterráneos, alumeado ornamental de covas ...
A regulación da potencia da luminaria pódese facer a través de equipos multinivel externos ou das entradas de control do driver (1-1 OV ou Dali). Tamén é posible integrar a regulación no propio driver ou dotar a luminaria dun equipo con comunicación PLC para a telexestión punto a punto centralizada.
LED. Os proxectores Arcos de ISOSI empregan como fonte de luz leds do fabricante LUMILEDS serie 3030 2D que proporcionan unha excelente eficiencia lumínica, unha duradeira estabilidade e unha visión espléndida.
> www.lumileds.com
DRIVER. A gama de proxectores Arcos emprega drivers INVENTRONICS serie EUC/EUG, ou MEANWELL da serie HLG garantindo unha óptima estabilidade, duración e rendemento.
> www.inventronics-co.com
> www.meanwell.com