Proxectores de elevada potencia e deseño elegante e moderno, designados para unha ampla variedade de aplicacións no campo da iluminación de espazos deportivos e fabricados en aluminio de aleación de alta calidade e durabilidade con acabado anti-corrosión.
Deseño modular e eficiente con amplas zonas de ventilación natural para unha óptima transferencia e disipación do calor, evitando a acumulación de po e de auga e previndo danos persoais na manipulación.
Os módulos ópticos usan LEDs de LUMILEDS, un dos fabricante líderes do sector, que proporcionan un excelente rendemento lumínico, consistencia de cor e elevada vida útil. As ópticas están deseñadas para abranguer unha ampla variedade de situacións, dispondo de diferentes ángulos en función do uso proxectado.
A instalación lévase a cabo de maneira sinxela mediante un brazo de aleación de aluminio que permite a montaxe do proxector co ángulo requirido.
Espazos deportivos, grandes superficies ...
A regulación da protencia do proxector pódese facer a través de equipos multinivel externos ou das entradas de control do driver (1-1 OV ou Dali). Tamén é posible integrar a regulación no propio driver ou dotar ao proxector dun equipo con comunicación PLC ou Zigbee para a telexestión punto a punto centralizada.
LED. Os proxectores Burgo de ISOSI empregan como fonte de luz leds do fabricante LUMILEDS serie Luxeon TX que proporcionan unha excelente eficiencia lumínica, unha duradeira estabilidade e unha visión espléndida.
> www.lumileds.com
DRIVER. A gama de proxectores Burgo emprega drivers INVENTRONICS serie EUC/EUG garantindo unha óptima estabilidade, duración e rendemento.
> www.inventronics-co.com
> www.meanwell.com