Está en Produtos /  Iluminación / Módulos LED

Produtos de iluminación
> Módulos LED

Dando vida ás localidades.

Xestión eficaz.

T

Módulos LED de ISOSI Iluminación

ISOSI MÓDULOS LED > Catálogo

LED retrofit

ISOSI LED retrofit
ISOSI LED retrofit

ISOSI LED retrofit

Os módulos LED de ISOSI de altas prestacións constitúen a solución ideal para a substitución directa de grupos de iluminación convencionais permitindo conservar a luminaria actual, ofrecéndose en dous formatos para posibilitar unha mellor adaptación á luminaria segundo a súa forma. 

O encapsulado profesional que ofrece Philips, empresa líder mundial do sector, permite dispoñer de chips cunha excelente protección fronte á atenuación óptica e con elevadas taxas de transferencia de calor cara aos disipadores.

ISOSI
Descarga dispoñible

Características Xerais

O corpo do módulo está constituído por unha aleación de aluminio extruido de alta calidade e o disipador é de aleación de aluminio, o que lle permite disipar mellor o calor xerado. A adaptación á luminaria faise mediante unha chapa de aceiro inoxidable de 1,2 mm de espesor. A estanquidade queda asegurada mediante un peche perimetral cunha xunta de silicona de elevada durabilidade que proporciona unha protección completa fronte a auga e o po.

O driver pode ser regulable a intervalos de tempo predefinidos ou contar con entrada analóxica no rango 0-1 OV para posibilitar o control externo. A alimentación dos módulos atópase protexida ante sobretensións causadas por tormentas mediante un protector de sobretensións entre fases (6kV) e entre fases e neutro (1 OkV). 

Áreas de Aplicación

Iluminación pública de estradas secundarias, parques, rúas peonís, áreas residenciais, prazas, xardíns, iluminación por proxección ...

Regulación e Control

A regulación da potencia do módulo pódese facer a través de equipos externos mediante as entradas de control do driver 0/1-10V ou DALI ou pódese integrar no propio driver a través de programacións temporizadas de dobre nivel, multinivel (normal ou midnight) ou fluxo constante.

Os Compoñentes

LED. Os módulos LED empregan como fonte de luz leds LUMILEDS serie 3030 2D ou 5050, que proporcionan unha excelente eficiencia lumínica, unha duradeira estabilidade e unha visión espléndida. Cada led dispón de protección electroestática reducindo ao máximo a probabilidade de danos.
> www.lumileds.com 

DRIVER. Os módulos LED empregan drivers INVENTRONICS serie EUC/EUG, ou MEANWELL da serie HLG garantindo unha óptima estabilidade, duración e rendemento.
> www.inventronics-co.com
> www.meanwell.com

Especificacións Técnicas

Contacto

Polígono Industrial da Granxa. Avenida Principal, nave 8. 36475 - O Porriño (Pontevedra)

(+34) 986 31 74 91
(+34) 727 743 645

comercial@isosi.es

Un traballo de Spauria®

Web deseñada e programada por Spauria®.