Está en Produtos /  Iluminación / Luminarias

Produtos de iluminación
> Luminarias

Dando vida ás localidades.

Xestión eficaz.

T

Luminarias de ISOSI Iluminación

ISOSI LUMINARIAS > Catálogo

Suarna

ISOSI Suarna

Laia

ISOSI Laia

Rande

ISOSI Rande

Sena

ISOSI Sena

Alba

ISOSI Alba

Vila

ISOSI Vila

Pazo

ISOSI Pazo

Solar LED

ISOSI Solar LED
ISOSI Suarna

ISOSI Suarna

Suarna é unha gama de luminarias de gran calidade e un deseño moderno e elegante, fabricadas en aluminio e cunha eficiencia de ata 165Im/W e unha vida útil superior a 100.000 horas. Luminaria de aluminio, con excelentes propiedades ópticas grazas ao uso de LEDs de gran calidade.

O encapsulado profesional que ofrece Philips, empresa líder mundial do sector, permite dispoñer de chips cunha excelente protección fronte á atenuación óptica e con elevadas taxas de transferencia de calor cara aos disipadores.

ISOSI
Descarga dispoñible

Características Xerais

O especial deseño da superficie de disipación con ás, na cuberta superior da luminaria, unido ao elevado rendemento do sistema de xestión térmica, favorecen a ventilación natural dos LEDs evitando así a acumulación de po, permitindo, así mesmo a auto-limpeza do disipador. Nestas condicións, os LEDs traballan nunha contorna de temperaturas baixas conseguindo aumentar a vida útil, a eficacia e a consistencia da cor.

É posible equipar os LEDs con diferentes lentes que proporcionan curvas fotométricas adaptadas aos diferentes ámbitos de traballo das luminarias.

O compartimento para os equipos electrónicos, separado do grupo óptico e ao que se accede sen necesidade de ferramentas mediante unha pestana situada na parte inferior da luminaria, conta cun peche perimetral selado cunha xunta de silicona de elevada durabilidade que proporciona unha protección completa fronte a entrada de auga e po, obtendo así un índice de protección IP66 no conxunto da luminaria. Así mesmo, conta cunha válvula compensadora de presión que evita posibles condensacións e prolonga a vida útil dos equipos aloxados no interior e un interruptor de seguridade que desconecta a alimentación eléctrica na apertura.

As luminarias admiten montaxe tanto horizontal como vertical con 4 posicións de regulación da inclinación (HO, H5, H1 O e H15 e VO, V5, V1O eV15), contando cun nivel de burbulla para facilitar as tarefas de instalación. 

Áreas de Aplicación

Estradas principais, estradas secundarias, vías de alta capacidade, aparcadoiros, estacións de servizo...

Regulación e Control

A regulación da potencia da luminaria pódese facer a través de equipos externos mediante as entradas de control do driver 0/1-1 OV ou DALI ou pódese integrar no propio driver a través de programacións temporizadas de dobre nivel, multinivel (normal ou midnight) ou fluxo constante.

A luminaria dispón opcionalmente dun interface NEMA que permite acoplar un dispositivo Zigbee para a telexestión da luminaria. Opcionalmente tamén se pode engadir un sensor de movemento PIR no corpo da luminaria.

Os Compoñentes

LED. As luminarias Suarna de ISOSI empregan como fonte de luz leds LUMILEDS serie 3030 2D ou 5050, que proporci­onan unha excelente eficiencia lumínica, unha duradeira estabilidade e unha visión espléndida. Cada led dispón de protección electroestática reducindo ao máximo a probabilidade de danos.
> www.lumileds.com 

DRIVER. A gama de luminarias Suarna emprega drivers INVENTRONICS serie EUC/EUG, ou MEANWELL da serie HLG garantindo unha óptima estabilidade, duración e rendemento.
> www.inventronics-co.com
> www.meanwell.com

Especificacións Técnicas

Visualizador 360º

Coñeza o produto coa máxima confianza. Grazas á captura fotográfica que se realizou en 360º, poderá observalo dende a perspectiva que vostede elixa.

ISOSI Laia

ISOSI Laia

Laia é unha gama de luminarias de gran calidade e deseño elegante e moderno, fabricadas en aluminio e cristal temperado e unha alta eficiencia lumínica de ate 150lm/W e unha elevada vida útil. Usa LEDs de gran calidade e de excelentes propiedades ópticas.

O deseño coidado da cuberta facilita o non ingreso de pó nin de suciedade na luminaria. O rendemento do sistema de xestión térmica é óptimo e facilita que os LEDs traballen nun rango óptimo de temperaturas, conseguindo aumentar a vida útil, a eficacia e a consistencia da cor, sendo posible equipar diferentes ópticas para adaptarse ás diversas situacións dos viais.

ISOSI
Descarga dispoñible

Características Xerais

O compartimento para os equipos electrónicos, separado do grupo óptico e ao que se accede sen necesidade de ferramentas mediante unha pestana, conta cun peche perimetral selado cunha xunta de silicona de elevada durabilidade que proporciona unha protección completa fronte a entrada de auga e po, obtendo así un índice de protección IP66 no conxunto da luminaria. Así mesmo, conta cunha válvula compensadora de presión que evita posibles condensacións e prolonga a vida útil dos equipos aloxados no interior e un interruptor de seguridade que desconecta a alimentación eléctrica na apertura.

A montaxe pode ser tanto en vertical coma en horizontal, dispoñendo de tres posicións de regulación (5-10-15°).

Áreas de Aplicación

Viais de alta capacidade, estradas principais, estradas secundarias, aparcadoiros...  

Regulación e Control

A regulación da potencia da luminaria pódese facer a través de equipos externos mediante as entradas de control do driver 0/1- 1 OV ou DALI ou pódese integrar no propio driver a través de programacións temporizadas de dobre nivel, multinivel (normal ou midnight) ou fluxo constante.

A luminaria dispón opcionalmente dun interface NEMA que permite acoplar un dispositivo Zigbee para a telexestión da luminaria. Opcionalmente tamén se pode engadir un sensor de movemento PIR no corpo da luminaria.

Os Compoñentes

LED. As luminarias Laia de ISOSI empregan como fonte de luz leds do fabricante LUMILEDS serie 3030 2D ou 5050, que proporcionan unha excelente eficiencia lumínica, unha duradeira estabilidade e unha visión espléndida.
> www.lumileds.com 

DRIVER. A gama de luminarias Laia emprega drivers INVENTRONICS serie EUC/EUG, ou MEANWELL da serie HLG garantindo unha óptima estabilidade, duración e rendemento.
> www.inventronics-co.com
> www.meanwell.com

Especificacións Técnicas

Visualizador 360º

Coñeza o produto coa máxima confianza. Grazas á captura fotográfica que se realizou en 360º, poderá observalo dende a perspectiva que vostede elixa.

ISOSI Rande

ISOSI Rande

Rande é unha gama de luminarias de gran calidade e deseño moderno á vez que elegante. O deseño coidado da cuberta facilita que non se acumule suciedade e mellora a xestión térmica, conseguindo que os LEDs traballen nun rango óptimo de temperaturas, evitando a degradación prematura do fluxo luminoso, e mellorando a eficacia e a consistencia da cor.

O corpo da luminaria está composto por aluminio de alta resistencia que, xunto coa cubrición superficial de pintura de poliéster en po, confírelle unha protección excelente ante a corrosión, e fai apropiado o seu uso en condicións climáticas adversas.

ISOSI
Descarga dispoñible

Características Xerais

As súas propiedades ópticas son excelentes grazas a incorporación de LEDS de gran calidade e elevada eficiencia, acadando os 140lm/W e dispondo de lentes deseñadas especialmente para favorecer unha óptima distribución luminosa. Ademais, o seu difusor de vidro temperado incrementa o ángulo de apertura do fluxo luminoso proporcionando unha maior área de cobertura mantendo unha elevada uniformidade.

Tanto o grupo óptico como o compartimento de equipos electrónicos, separados entre si, contan cun peche perimetral selado cunha xunta de silicona de elevada durabilidade que proporciona unha protección completa fronte a entrada de auga e po, obtendo así un índice de protección IP66 no conxunto da luminaria. Ao interior da luminaria accédese mediante dúas pestanas laterais e sen necesidade de ferramentas, contando cunha peza de suxeición da carcasa superior e cun interruptor de seguridade que desconecta a alimentación eléctrica para proporcionar máis seguridade nas tarefas de mantemento.

O sistema de montaxe das luminarias permite que poidan ser instaladas tanto en vertical como en horizontal, podendo variar o ángulo nun rango de Oº a 1Oº en vertical e de -5º a +5º en horizontal. 

Áreas de Aplicación

Iluminación viaria de estradas principais, vías de alta capacidade, zonas residenciais, estacións de servizo...

Regulación e Control

A regulación da potencia da luminaria intégrase no propio driver a través de programacións temporizadas de dobre nivel, multinivel (normal ou midnight) ou fluxo constante.

A luminaria dispón opcionalmente dun interface NEMA que permite acoplar un dispositivo Zigbee para a telexestión da luminaria. Opcionalmente tamén se pode engadir un sensor de movemento PIR no carpo da luminaria.

Os Compoñentes

LED. As luminarias Rande de ISOSI empregan como fonte de luz leds LUMILEDS serie 5050, que proporcionan unha excelente eficiencia lumínica, unha duradeira estabilidade e unha visión espléndida. Cada led dispón de protección electroestática reducindo ao máximo a probabilidade de danos.
> www.lumileds.com 

DRIVER. A gama de luminarias Rande emprega drivers INVENTRONICS serie EUC/EUG, ou MEANWELL da serie HLG garantindo unha óptima estabilidade, duración e rendemento.
> www.inventronics-co.com
> www.meanwell.com

Especificacións Técnicas

Visualizador 360º

Coñeza o produto coa máxima confianza. Grazas á captura fotográfica que se realizou en 360º, poderá observalo dende a perspectiva que vostede elixa.

ISOSI Sena

ISOSI Sena

As luminarias modelo Sena caracterízanse pola súa excelente relación calidade-prezo, sen descoidar un deseño moderno e elegante. Fabricadas en aluminio e con excelentes propiedades ópticas grazas ao uso de LEDs de gran calidade dun dos fabricantes líderes do sector como é LUMILEDS.

ISOSI
Descarga dispoñible

Características Xerais

O deseño da luminaria con ás na súa parte superior favorece a disipación térmica e a ventilación natural dos LEDs, evitando a acumulación de po e conseguindo que traballen nunha contorna de temperaturas baixas, incrementando así a súa vida útil, eficacia e consistencia de cor. Estes aspectos tamén se ven favorecidos polo feito de que o compartimento dos equipos electrónicos está separado dos LEDs, contando cunha xunta de silicona de elevada durabilidade que proporciona unha protección completa fronte a entrada de auga e de po.

A luminaria pode estar equipada con diferentes lentes que proporcionan curvas fotométricas adaptadas a cada vía e a súa montaxe é en horizontal.

Áreas de Aplicación

Estradas secundarias, aparcadoiros, áreas residenciais e recreativas, rúas peonís...

Regulación e Control

A regulación da potencia da luminaria intégrase no propio driver a través de programacións temporizadas de dobre nivel, multinivel (normal ou midnight) ou fluxo constante.

A luminaria dispón opcionalmente dun interface NEMA que permite acoplar un dispositivo Zigbee para a telexestión da luminaria. Opcionalmente tamén se pode engadir un sensor de movemento PIR no corpo da luminaria.

Os Compoñentes

LED. As luminarias Sena de ISOSI empregan como fonte de luz leds dos fabricantes LUMILEDS serie 3030 2D ou 5050, que proporcionan unha excelente eficiencia lumínica, unha duradeira estabilidade e unha visión espléndida.
> www.ilumileds.com

DRIVER. A gama de luminarias Sena emprega drivers INVENTRONICS serie EUC, garantindo unha óptima estabilidade, duración e rendemento.
> www.inventronics-co.com

Especificacións Técnicas

Visualizador 360º

Coñeza o produto coa máxima confianza. Grazas á captura fotográfica que se realizou en 360º, poderá observalo dende a perspectiva que vostede elixa.

ISOSI Alba

ISOSI Alba

Luminaria de deseño elegante a base de fundición de aluminio con brazos de soporte verticais ou adaptadores para montaxe suspendida ou en catenaria con recubrimento de pintura de poliéster en po que lle confire excelentes propiedades anticorrosión e fai apropiado o seu uso en condicións climáticas adversas.

ISOSI
Descarga dispoñible

Características Xerais

O bloque óptico, separado do compartimento dos equipos electrónicos, está formado por un módulo con LEDs cun deseño específico para optimizar a condutividade e a dispersión do calor por convección natural do aire, permitindo aos LEDs traballar nun rango de temperaturas óptimo, aumentando desta maneira a súa vida útil, eficacia e consistencia de cor.

A apertura da luminaria realízase de forma sinxela sen necesidade de ferramentas mediante unha pestaña, contando cun peche perimetral selado cunha xunta de silicona de elevada durabilidade que proporciona unha protección completa fronte a entrada de auga e po, obtendo así un índice de protección IP66 no conxunto da luminaria. Así mesmo, conta cunha válvula compensadora de presión que evita posibles condensacións e prolonga a vida útil dos equipos aloxados no interior e un interruptor de seguridade que desconecta a alimentación eléctrica na apertura. 

Así mesmo, a luminaria conta cun difusor de cristal temperado que incrementa o ángulo de apertura do fluxo lumínico, proporcionando unha maior área de cobertura e uniformidade.

Áreas de Aplicación

Rúas peonís, áreas residenciais, prazas, parques, aparcadoiros...

Regulación e Control

A regulación da potencia da luminaria pódese facer a través de equipos externos mediante as entradas de control do driver 0/1-1 OV ou DALI ou pódese integrar no propio driver a través de programacións temporizadas de dobre nivel, multinivel (normal ou midnight) ou fluxo constante.

A luminaria dispón opcionalmente dun interface NEMA que permite acoplar un dispositivo Zigbee para a telexestión da luminaria. Opcionalmente tamén se pode engadir un sensor de movemento PIR no corpo da luminaria.

Os Compoñentes 

LED. As luminarias Alba de ISOSI empregan como fonte de luz leds LUMILEDS serie 3030 2D ou 5050, que proporcio­nan unha excelente eficiencia lumínica, unha duradeira estabilidade e unha visión espléndida. Cada led dispón de protección electroestática reducindo ao máximo a probabilidade de danos.
> www.lumileds.com 

DRIVER. A gama de luminarias Alba emprega drivers INVENTRONICS serie EBC/EBD, ou MEANWELL da serie HLG garantindo unha óptima estabilidade, duración e rendemento.
> www.inventronics-co.com
> www.meanwell.com

Especificacións Técnicas

Visualizador 360º

Coñeza o produto coa máxima confianza. Grazas á captura fotográfica que se realizou en 360º, poderá observalo dende a perspectiva que vostede elixa.

ISOSI Vila

ISOSI Vila

Vila é unha gama de luminarias de aluminio de deseño clásico que se integra á perfección en entornos urbanos, tanto en centros históricos como en rúas residenciais.

A súa composición de chapa de aceiro galvanizado soldada e o recubrimento superficial de pintura de poliéster en po, adherida electrostáticamente, confírelle unha protección excelente anticorrosión e fai apropiado o seu uso en condicións climáticas adversas.

ISOSI
Descarga dispoñible

Características Xerais

A luminaria conta cun sistema óptico único, formado por un reflector de plástico anodizado que xunto coas lentes especiais proporcionan unha distribución de luz eficaz, sendo posible equipar aos LEDs con diferentes lentes que proporcionen curvas fotométricas adaptadas a cada situación. O uso de LEDs de gran calidade dun dos fabricantes líderes do sector, CREE, encapsulados para unha óptima transferencia de calor e mantemento das súas propiedades lumínicas, fai que a luminaria teña unhas excelentes prestacións ópticas. Ademais, o seu difusor de vidro temperado incrementa o ángulo de apertura do fluxo lumínico proporcionando unha maior área de cobertura, mantendo unha elevada uniformidade. 

Tanto o grupo óptico como o compartimento de equipos electrónicos, contan cun peche perimetral selado con xunta de silicona de elevada durabilidade e con parafusos especiais que proporcionan unha protección completa fronte á entrada de auga e po, obtendo un índice de protección IP66. A luminaria inclúe de serie un dispositivo de protección contra sobre tensións.

A montaxe da luminaria é en vertical e a altura típica de instalación sitúase entre os 4 e os 6 metros.

Áreas de Aplicación

Iluminación de rúas en cidades e núcleos rurais, áreas residenciais, áreas peonís, parques...

Regulación e Control

A regulación da potencia da luminaria pódese facer a través de equipos externos mediante as entradas de control do driver 0/1-1 OV ou DALI ou pódese integrar no propio driver a través de programacións temporizadas de dobre nivel, multinivel (normal ou midnight) ou fluxo constante.

A luminaria dispón opcionalmente dun interface que permite acoplar un dispositivo Zigbee para a telexestión da luminaria. Opcionalmente tamén se pode engadir un sensor de movemento PIR no carpo da luminaria.

Os Compoñentes

LED. As luminarias Vila de ISOSI empregan como fonte de luz leds LUMILEDS serie 3030 2D ou 5050, que proporcio­nan unha excelente eficiencia lumínica, unha duradeira estabilidade e unha visión espléndida. Cada led dispón de protección electroestática reducindo ao máximo a probabilidade de danos.
> www.lumileds.com 

DRIVER. A gama de luminarias Vila emprega drivers INVENTRONICS serie EBC/EBD, ou MEANWELL da serie HLG garantindo unha óptima estabilidade, duración e rendemento.
> www.inventronics-co.com
> www.meanwell.com

Especificacións Técnicas

ISOSI Pazo

ISOSI Pazo

Pazo é unha gama de luminarias de aluminio de deseño clásico que se integra á perfección en entornos urbanos, tanto en centros históricos como en rúas residenciais.

A súa composición de chapa de aceiro galvanizado soldada e o recubrimento superficial de pintura de poliéster en po, adherida electrostáticamente, confírelle unha protección excelente anticorrosión e fai apropiado o seu uso en condicións climáticas adversas.

ISOSI
Descarga dispoñible

Características Xerais

A luminaria conta cun sistema óptico único, formado por un reflector de plástico anodizado que xunto coas lentes especiais proporcionan unha distribución de luz eficaz, sendo posible equipar aos LEDs con diferentes lentes que proporcionen curvas fotométricas adaptadas a cada situación. O uso de LEDs de gran calidade dun dos fabricantes líderes do sector, CREE, encapsulados para unha óptima transferencia de calor e mantemento das súas propiedades lumínicas, fai que a luminaria teña unhas excelentes prestacións ópticas. Ademais, o seu difusor de vidro temperado incrementa o ángulo de apertura do fluxo lumínico proporcionando unha maior área de cobertura, mantendo unha elevada uniformidade.

Tanto o grupo óptico como o compartimento de equipos electrónicos, contan cun peche perimetral selado con xunta de silicona de elevada durabilidade e con parafusos especiais que proporcionan unha protección completa fronte á entrada de auga e po, obtendo un índice de protección IP66. A luminaria inclúe de serie un dispositivo de protección contra sobre tensións.

A montaxe da luminaria é en vertical e a altura típica de instalación sitúase entre os 4 e os 6 metros.

Áreas de Aplicación

Iluminación de rúas en cidades e núcleos rurais, áreas residenciais, áreas peonís, parques...

Regulación e Control

A regulación da potencia da luminaria pódese facer a través de equipos externos mediante as entradas de control do driver 0/1-1 OV ou DALI ou pódese integrar no propio driver a través de programacións temporizadas de dobre nivel, multinivel (normal ou midnight) ou fluxo constante.

A luminaria dispón opcionalmente dun interface que permite acoplar un dispositivo Zigbee para a telexestión da luminaria. Opcionalmente tamén se pode engadir un sensor de movemento PIR no corpo da luminaria.

Os Compoñentes

LED. As luminarias Pazo de ISOSI empregan como fonte de luz leds LUMILEDS serie 3030 2D ou 5050, que proporcio­nan unha excelente eficiencia lumínica, unha duradeira estabilidade e unha visión espléndida. Cada led dispón de protección electroestática reducindo ao máximo a probabilidade de danos.
> www.lumileds.com

DRIVER. A gama de luminarias Pazo emprega drivers INVENTRONICS serie EBC/EBD, ou MEANWELL da serie HLG garantindo unha óptima estabilidade, duración e rendemento.
> www.inventronics-co.com
> www.meanwell.com

Especificacións Técnicas

ISOSI Solar LED

ISOSI Solar LED

Luminaria compacta de deseño moderno e fabricada en aleación de aluminio de alta calidade e resistente á corrosión e cunha superficie lisa que evita a acumulación de suciedade mantendo intacta as súa capacidade de disipación térmica ao longo do tempo.

O grupo óptico usa LEDs de Lumileds, un dos fabricante líderes do sector, que proporcionan un excelente rendemento luminoso, consistencia de cor e elevada vida útil.

ISOSI
Descarga dispoñible

Características Xerais

Incorpora un sistema de alumeado autónomo mediante enerxía solar, polo que é ideal para instalarse alí onde a rede de enerxía eléctrica non pode chegar. Durante as horas de luz o sistema capta enerxía solar mediante o seu panel solar monocristalino de alta eficiencia e a almacena nas súas baterías, para cando anoitece o sistema de control acende automaticamente a luminaria empregando a enerxía almacenada ata o solpor que se desactiva automaticamente e comeza un novo ciclo de captación solar e carga da batería.

Ademais do panel solar, os compoñentes principais do sistema, baterías e controlador de carga con driver incorporado, alóxanse nunha caixa estanca de aluminio para unha xestión térmica óptima. O controlador de carga adopta a tecnoloxía MPPT, que optimiza a xestión enerxía solar recibida e transferida á batería de litio de alta eficiencia ca que vai equipado o sistema, integrando un sistema de control intelixente que monitorea o seu estado, analizando as sucesivas cargas e descargas para optimizar o funcionamento durante todo o ano, e as condicións de traballo como a temperatura, evitando situacións de sobrecarga ou excesiva descarga, prolongando a súa vida útil. O sistema so precisa de 5h de luz solar para unha carga completa.

Áreas de Aplicación

Zonas onde non se dispón de acceso a rede eléctrica.  

Regulación e Control

A regulación da potencia e automática en función das condicións de carga da batería. Opcionalmente pódese dotar ao conxunto dun sensor de presencia PIR para optimizar a duración da batería e alumear de maneira máis eficaz cando é necesario.

Os Compoñentes

LED. As luminarias Solares LED de ISOSI empregan como fonte de luz leds LUMILEDS serie 3030 2D, que proporcio­nan unha excelente eficiencia lumínica, unha duradeira estabilidade e unha visión espléndida. Cada led dispón de protección electroestática reducindo ao máximo a probabilidade de danos.
> www.lumileds.com

Especificacións Técnicas

Contacto

Polígono Industrial da Granxa. Avenida Principal, nave 8. 36475 - O Porriño (Pontevedra)

(+34) 986 31 74 91
(+34) 727 743 645

comercial@isosi.es

Un traballo de Spauria®

Web deseñada e programada por Spauria®.