Ofrecémoslle a posibilidade de aforrar no consumo eléctrico con enerxía solar empregando o espazo non aproveitado da súa cuberta, tellado ou terreo dunha maneira sinxela, segura e eficaz.
0 obxectivo da instalación é aproveitar a enerxía gratuíta do sol para xerar electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos. Esta enerxía, xerada na súa propia rede interna, fai descender en gran medida a dependencia da rede eléctrica, resultando nun gran aforro para o usuario e nunha redución considerable de emisións prexudixiais para o ambiente.
A simpleza do sistema e a ausencia de partes móbiles na instalación fai que a súa duración sexa na actualidade incluso superior a 30 anos, cunha necesidade de mantemento mínima. A ausencia de ruído faina idónea para a instalación preto das persoas.
É unha enerxía ao alcance de calquera, que pode xerar electricidade a través da instalación en tellados, pérgolas, ou calquera cuberta dispoñible.
A enerxía solar fotovoltaica é practicamente ilimitada e é respectuosa co medio ambiente, xa que é unha enerxía limpa que non xera gases de efecto invernadoiro.
As instalacións fotovoltaicas adáptanse facilmente aos requirimentos de potencia e poden ampliarse segundo as necesidades futuras.
As instalacións fotovoltaicas apenas precisan mantemento e os paneis solares teñen unha vida útil superior aos 25 anos.