ISOSI.
20 anos

Máis de dúas décadas de solucións para a enerxía e o aforro.

ISOSI é unha empresa tecnolóxica española dedicada ao deseño, desenvolvemento, fabricación e comercialización de produtos e sistemas, hardware e software, para a monitorización, control e xestión da enerxía en instalacións.

A nosa filosofía parte do compromiso e da eficacia, traballando conxuntamente co propio cliente para ofrecer o mellor servizo.

ISOSI

Experiencia Probada

MÁIS DE 20 ANOS DE SOLUCIÓNS ENERXÉTICAS

Somos unha empresa especializada na xestión eficiente da enerxía, formada por un grupo experto de enxeñeiros con ampla experiencia en diferentes campos vinculados coa xestión enerxética, capaces de deseñar e desenvolver solucións a medida de cada cliente. 

Aforro e enerxía

OS NOSOS OBXECTIVOS

ISOSI nace co obxectivo de prover solucións integrais en materia de control e xestión da enerxía nos principais sectores de actividade, para mellorar a eficiencia, reducir o consumo, mellorar a calidade na prestación dos servizos e reducir o impacto do consumo enerxético sobre o medio ambiente.

ENERXÍA

CONTROL

EFICIENCIA

“Consulte en ISOSI as diferentes solucións e comece a aforrar dende XA”

Sectores

A nosa experiencia abarca máis de 20 anos ofrecendo ao mercado produtos para controlar e optimizar o consumo de enerxía logrando sistemas máis eficientes, económicos e sinxelos de manter. Os produtos e solucións de ISOSI ENERXÍA abarcan os seguintes sectores:

Transporte e distribución de enerxía

Monitorización, xestión enerxética, control de avarías e xestión de nodos.

Sector primario

Xestión enerxética e control de climatización.

Industria

Xestión de enerxía, control de climatización, control de motores e control de cargas.

Servizos públicos

Xestión de enerxía e xestión do mantemento.

Edificios e grandes infraestruturas

Utilización de enerxías renovables, xestión de enerxía, control de motores, control de climatización e seguridade.

Residencial

Utilización de enerxías renovables, xestión de enerxía, control de iluminación, control de climatización, control de cargas e seguridade.

Experiencia, calidade e servizo. Con ISOSI, os seus proxectos serán un éxito.

Contacto

Polígono Industrial da Granxa. Avenida Principal, nave 8. 36475 - O Porriño (Pontevedra)

(+34) 986 31 74 91
(+34) 727 743 645

comercial@isosi.es

Un traballo de Spauria®

Web deseñada e programada por Spauria®.