Reduza a factura eléctrica aumentado confort, seguridade e accesibilidade.
Sistema avanzado de xestión integral de instalacións domóticas e inmóticas de interior que permite un aforro enerxético de ate un 40% e melloras en confort, seguridade e accesibilidade. A tecnoloxía céntrase na optimización enerxética do fogar ou negocio analizando os patróns de consumo e propoñendo alternativas para reducir o gasto.
Medición dos parámetros eléctricos e de indicadores enerxéticos e de custes. Sectorización e desagregación de consumos. Supervisión en tempo real de consumos e procedementos. Obtención da curva de carga da instalación.
A predición enerxética proporciona información ao usuario sobre a demanda futura, axudando na programación de horarios de consumo dos usuarios finais da enerxía co obxecto de optimizar o funcionamento do sistema.
Simulación de factura. Predición da demanda. Xeración de informes comparativos. Análise e optimización da tarifa contratada.
Sensores de movemento, de apertura de cerramentos, de fumes, gases e auga. Envío de alarma en tempo real. Control de temperatura e humidade. Programación do funcionamento da calefacción. Control punto a punto da iluminación. Control de toldos e persianas. Centralización das instalacións.
A Telexesión de ISOSI é un sistema avanzado que axuda a reducir os custos derivados do consumo enerxético grazas a unha monitorización e control en tempo real, permitindo grandes aforros e unha predición da factura eléctrica.
Completa gama de produtos que permite cubrir as seguintes áreas de automatización:
Xestión enerxética, Iluminación, Persianas e toldos, Calefacción, ventilación e aire acondicionado, Música e vídeo, Visualización, Seguridade e Confort.
Ate un 40% en aforro de enerxía
Grazas a funcións como consumos temporizados, arranque controlado de cargas ou alumado adaptado a luz ambiental.
Ate un 30% de aforro en redución de potencia
Grazas ó sistema integral das instalacións, a factura enerxética xa non será un problema.